Un total de 70 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos participan desde onte e ata o venres, no [acronym title=’Centro de Educación Infantil e Primaria’]CEIP[/acronym] Gregorio Sanz, na ludoteca de verán que organizou o Concello en horario de 10:30 a 13:30 horas. Do mesmo xeito, 93 nenos/as de máis de 7 anos gozan do campamento urbano que se desenvolve, no mesmo centro, en horario de 10:30 a 19:30 horas e que inclúe unha excursión ao parque acuático de Cerceda o vindeiro venres.
A concelleira delegada de Educación, Mariluz Álvarez Lastra, amósase satisfeita pola acollida que están a ter todas actividades programadas para o verán xa que, segundo afirmou, “todos os grupos están completos e nalgunhas actividades mesmo temos lista de espera”. Álvarez Lastra asegurou tamén que “nesta primeira semana, coa ludoteca e o campamento, estamos ver a grande aceptación que teñen estas convocatorias por parte dos nenos e nenas de Ribadeo”.
Son en total 163 nenos/as os/as que participan nas citas desta semana, nas que son atendidos/as por 14 monitores/as. Os rapaces e rapazas das parroquias ribadenses contan con servizo de autobuses gratuíto para achegarse ao centro e gozar destas actividades, que organizan las delegacións de Educación, Xuventude e Deportes do Concello de Ribadeo.