O rexedor pensa que “é un día moi importante para Ribadeo, para o deporte base no noso concello, cada día máis vizoso e con máis clubes e asociacións, e tamén é un bó día dende o punto de vista da seguridade, dado que esta modificación sustancial que prácticamente é a construcción dun novo pavillón no lugar onde temos o vello polideportivo, feito aló polos anos 60, ven a mellorar unha situación que estructuralmente estaba francamente mal”.

Suárez Barcia considera que “o pavillón vello no seu momento foi unha boa cousa para Ribadeo, pero a día de hoxe está absolutamente ultrapasado no que son as circunstancias de seguridade e é necesario ir a unha nova infraestructura”. O alcalde destaca “tamén o compromiso que tiveron con Ribadeo o vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e o delegado de Deporte e Cultura da Deputación, Antonio Veiga, que se plasma nun convenio que contempla que neste ano 2010 xa teremos que ter feita unha inversión duns 800.000 euros ata un total de 2,5 millons de euros, que sufragará integramente a Deputación Provincial de Lugo”.

Fernando Suárez subliña que “dende logo é unha moi boa noticia para todo este movemento asociativo de fútbol, de fútbol-sala, de baloncesto, de ximnasia rítmica, de baile, …; en fin, de todos os que hai e de todos os que poida haber máis nesta infraestructura tan importante, tan grande e tan moderna que vai ter Ribadeo afortunadamente”.