Para Fernando Suárez “é unha mostra máis de que algo se move e para ben, na rehabilitación de inmobles en Ribadeo, e refírome á eficacia e a efectividade que supñen estes requerimentos que se fan desde a Oficina Técnica Municipal”.

O alcalde ribadense lembrou que “hai un tempo requerímoslle ao Bispado de Mondoñedo-Ferrol que tiñan a obriga de conservar e manter o patrimonio da súa titularidade en boas condicións, referido neste caso ás capelas da Atalaia, de San Miguel e da Virxe do Camiño, posto que se atopaban en mal estado de conservación chegando a afectar nalgún caso non só a cuestións estéticas senón tamén de seguridade, polo menos nalgunha delas”.

Suárez Barcia manifestou que “desde hai uns días, e unha vez obtidas as autorizacións municipais correspondentes, o Bispado está a executar obras de conservación e mantemento nestas tres capelas, cumprindo relixiosamente coas súas obrigas como propietarios e sendo redimidos por tanto de posibles penalidades por incumprimento. Vaian logo por diante os nosos parabéns por esta actuación”.