O Ministerio de Fomento aporta 101.834 euros para rehabilitación de 11 vivendas no centro histórico de Ribadeo, cantidade hai que lle hai que sumar a achega do Concello e dos particulares. E outros 45.675 euros para a rehabilitación de 5 vivendas no núcleo de Rinlo, cifra á que se lle sumará tamén a achega do Concello e dos propietarios deses inmobles.

O rexedor lembrou que “xa noutras ocasións me teño referido ao retraso que estiveron a sufrir as sinaturas destes convenios dos Aris de Ribadeo e de Rinlo. Levabamos preto de tres anos de espera”. Suárez Barcia agarda que “as administracións estatal e autonómica e estes convenios sigan a dinamizar e a rehabilitar os nosos cascos vellos”.