O rexedor manifestou que “coa sinatura destes dous novos convenios das áreas de rehabilitación integral de Rinlo e de Ribadeo continuamos dando un paso adiante na rehabilitación dos dous conxuntos históricos que temos no noso concello. É unha inversión moi importante a que teremos que facer o Concello, o Ministerio e a Xunta ao longo dos vindeiros catro anos. Sobre un total de 1.037.500 euros de investimento o Concello terá que aportar o 19% desta cifra, é dicir uns 200.000 euros. Con esto, como outras veces, o que se fará é subvencionar a rehabilitación de vivendas, onde os particulares tamén terán que poñer unha parte, ao igual que Xunta e Ministerio. O Concello o que fai é rehabilitar espazos públicos tanto en Ribadeo coma en Rinlo”.

Suárez Barcia dixo que “estas iniciativas que tratan de recuperar o patrimonio, tanto o privado coma o público, aparte de beneficiar aos directos moradores desa zona tamén benefician a todo o oncello, poñéndoo máis atractivo para que sexa unha fonte de riqueza desde o punto de vista do turismo e para que a xente cando veña a Ribadeo poida ver un casco vello en proceso de rehabilitación, máis vivo que hai uns anos… E ao mesmo tempo é un apoio moi importante a estas actuacións que desde o Concello facemos, por unha banda axudando á xente a que rehabilite e por outra con aquela que ou non vive en Ribadeo ou se desentende do seu patrimonio aplicando unhas medidas máis coercitivas que tamén están dando resultado”.