Coa publicación das bases reguladoras da convocatoria polo sistema de concorrencia competitiva de subvencións para a rehabilitación de vivendas sitas nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e Rinlo,  no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o día 5 de decembro de 2015, ábrese  un prazo dun mes dende o día seguinte desta publicación para solicitar as axudas.

A contía da subvención non poderán exceder do 35% do orzamento da obra, cun límite máximo a recibir de 11.000,00  euros por vivenda rehabilitada, e as obras deberán estar rematadas no ano 2016. O Concello de Ribadeo ofrecerá bonificacións nas licencias de obras.  Ademais os  proxectos de obras menores poderán ser redactados pola Oficina Municipal de Rehabilitación.

Suárez Barcia anima “a todos os propietarios a solicitar estas axudas, e seguir  na liña de contribuír á rehabilitación, facendo entre todos que os cascos vellos sexan cada vez máis novos”.