O pleno aprobou por unanimidade o expedente para a extinción de título de ocupación e desafiuzamento da vivenda nº 13 da rúa Paco Lanza (Grupo de Vivendas de Profesores). O rexedor explicou que “se trata do desahucio dunha das varias vivendas que o Concello ten en propiedade no que se chamaban as antigas vivendas de profesores. Esas vivendas foron cedidas pola Xunta ao Concello no ano 2004, había algúns profesores que as utilizaban esporádicamente, e algún caso que, aínda a día de hoxe, a segue empregando habitualmente. De aí que lles pedimos que devolverán as chaves, algúns xa o fixeron, outra persoa váina entregar en breve e queda unha máis coa que non conseguimos chegar a un acordo e iniciamos un proceso de desafiuzamento e posterior lanzamento, dado que é unha propiedade plena, está en título de precarista, non lle están pagandoun céntimo ao Concello”. O alcalde subliñou que “o Concello precisa eses inmobles para poñer en valor unha mazá que está abandoada e parece unha selva e porque se necesitan determinadas vivendas para usos sociais ou educativos, que o Concello quere levar adiante nos vindeiros tempos”.

Tamén se aprobou por unanimidade da Corporación o expedente para dar nomes a diversas rúas de Ribadeo. Fernando Suárez dixo que “nalgúns casos se recurriu a nomes de topónimos, ou de persoeiros/as vinculados con Ribadeo de maneira histórica, e noutros nomes que responden a eventos ou datas de conmemoración”. O rexedor destacou “a magnimidade que tivemos entre todos os grupos, porque pode haber nomes de rúas que algunha xente lle  poida estranar que un goberno coma o noso puidera adoptar e tamén pode haber nomes de rúas que a outra xente lle poida estranar que determinados grupos da oposición puidesen validar. Creo que na magnanimidade e na cesión de todos e no respecto entre todos levamos adiante este expedente. Nos vindeiros tempos iremos facendo actos de descubrimento de novas placas e de bautismo destas rúas e espazos públicos”.

Cos votos a favor do BNG e a abstencións dos grupos da oposición foron aprobadas as modificación da RPT (relación de postos de traballo) do Concello. Suárez Barcia indicou que “a pesares de que a oposición nalgún momento cuestionou estas modificacións de maneira importante non se atreveron a votar en contra e se abstiveron. Os que estean hoxe pendentes dos medios de comunicación verán que a situación é escandalosamente mala e que incluso o goberno do Estado está a tomar medidas que para nada van favorecer o crecemento, senón todo o contrario. Desde o Concello de Ribadeo faremos todo o posible para dignificar a función pública e o traballo das persoas que traballan nas administracións públicas, empezando pola nosa”.

O alcalde advertiu que “todo o mundo vai traballar o horario que lle corresponde, terá un control horario dactilar vinculado por software ao programa de nóminas e no caso de que non cumpran co seu horario serálles detraído automáticamente na parte proporcional da súa nómina. E ao mesmo tempo a partires de agora nas funcións dos traballadores e traballadoras non se van volver dar cousas como que alguén non collese o teléfono porque non lle correspondía, que alguén non quería usar unha máquina porque non estaba na súa RPT ou que alguén non quería facer un traballo nun edificio municipal porque non lle correspondía… Sin menoscabo da dignidade de calquera traballador todo o mundo vai facer aquelo que lle corresponda en función do seu cargo ou categoría e unha serie de diversificacións para intentar facer o máximo posible, dentro do persoal que temos porque non podemos ir a máis, senón todo o contrario, xa que todas as noticias e todos os acordos que nos veñen a  nivel autonómico ou estatal van na liña contraria. Para dignificar o traballo imos cumplir como os demáis”.