O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “un dos puntos importantes que debatimos nese pleno, que se prolongou ata as doce da noite, foi dita ordenanza que plantexa cambiar o sistema de zona ORA nas inmediacións da praza de abastos para que o funcionamento sexa a través de máquinas expendedoras de tickets, cun prezo que oscilará entre os 20 céntimos por media hora a 1 euro por dúas horas”.

O rexedor dixo que “para o goberno municipal a idea que se implantou hai tres anos funciona razonablemente ben si non entramos en detalles. Si o facemos sí que vemos que tiña fallos de moi difícil resolución, pola tarde era difícil que o Concello estivese aberto para subministrar os discos e hai unha serie de problemas que se resolven lóxicamente cunhas máquinas expendedoras como hai en tantas vilas e cidades con tickect. Propuxéronse unhas tarifas, collendo modelos doutros concellos, razonablemente máis baixos e ao mesmo tempo plantéxase a ampliación desta zona ORA para o treito da rúa José Vicente Pérez Martínez, fronte da propia praza de abastos”.

Suárez Barcia lembrou que “toda a oposición durante un ano estivo criticando que moitos turistas que viñan non podían aparcar aí porque non tiñan maneira de coller os discos e agora vemos con desacougo como parte desa oposición cando ten que mollarse e dar a súa opinión desmárcanse dicindo que non. Agora despois desta aprobación inicial haberá un prazo de alegacións para que os interesados en presentalas o fagan en tempo e forma”.

O alcalde subliñou que tanto “a Asociación de Comerciantes como multitude de propietarios dos comercios do entorno desde hai moito tempo me veñen indicando que aínda que foi un paso adiante o tema dos discos e que debíamos era ir a unha serie de máquinas con tickets e confío en que sigan a opinar o mesmo que levan meses indicándome”. Fernando Suárez apuntou que “o sistema de tickets será moito máis riguroso e favorecerá a rotación dos aparcamentos que é o que se persigue, cremos que esta iniciativa mellorará e o diñeiro que se recaude irá destiñado para compensar os custes das máquinas e o seu mantemento. Da vixianza e do control desa zona ORA de pago encargarase a Policía Local de Ribadeo”.

Por unanimidade foi aprobado o convenio de colaboración entre o Concello de Ribadeo e ACISA para a dinamización comercial da vila durantes os anos 2011 a 2013. O alcalde dixo que “recibo con satisfacción este apoio unánime de todos os grupos a este convenio marco. Esta iniciativa ven dada porque na vila de Ribadeo o sector económico principal é o do comercio e dado que no seu momento houbo un convenio que durou tres anos e que neste 2010 se esgotaba consideramos necesario voltar a facer outro”. Suárez Barcia manifestou que “o Concello comprométese a consignar nos respectivos presupostos de cada ano 12.000 euros para levar a cabo actuacións consensuadas entre o Concello e a directiva de ACISA de cara a dinamizar o comercio. E que con esas campañas e iniciativas se fortaleza aínda máis o referente que xa é Ribadeo e que esta situación de crise se poida atenuar con estas iniciativas que conxuntamente queremos levar adiante”.