Toda a actividade, é dicir a charla ás 21:30 horas no Teatro e a posterior observación astronómica na Praza de España, será o vindeiro día 25. Desde Medio Ambiente engaden que “si alguén mais se quere anotar aínda está tempo porque hai algún oco libre”. Deben facelo na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo no 982 120 701.

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.