O Concello investiu un total de 450.000 euros nas melloras realizadas na rúa San Roque. O primeiro treito foi executado en 2018 e rematou en xullo. E o segundo empezou en outubro de 2019 e concluiu hai uns días.

Desde o Concello o rexedor, Fernando Suárez, pide disculpas polas molestias que se puideron ocasionar para realizar estes traballos “pero facendo obras sempre se molesta a uns e outros”.