O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “desde o Concello de Ribadeo queremos, como non, ter este xesto, este simbolismo de ter este apagón dun cuarto de hora na noite de mañá para evidenciar o apoio de Ribadeo a esta loita xusta que está tendo todo o mundo con Alcoa, para que siga na Mariña, para que se resolva esta cuestión da tarifa eléctrica que está facendo inviable que siga producindo aquí”. O rexedor indicou que “ademáis dicíndoo desde Galicia, un lugar no que resulta difícil asumir que é un pais excedentario de electricidade, que se sigue exportando enerxía para fóra de toda a que se produce aquí que non se da consumido aquí desgraciadamente, pero para algún gran consumidor de enerxía que temos aquí, como Alcoa, que a tarifa que teñen que pagar sexa tan desproporcionada que faga inviable a súa continuidade aquí”. E engadiu que “sen embargo en países do norte de Europa sí son viables e os gobernos atenden as necesidades destas grandes empresas que dan tantos postos de traballo”.

Suárez Barcia subliñou que “en Ribadeo tamén somos solidarios con Alcoa e faremos este xesto mañá, como tamén no pleno último aprobamos entre todos unha proposición para pedirlle ao goberno do Estado que medie, non para que Alcoa teña electricidade gratuita nin moito menos, senón para que sexa viable a sua continuidade a través da tarifa eléctrica”.