O Boletín Oficial da Provincia do pasado sábado publicaba a convocatoria de procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa para a adxudicación do contrato de subministro relativo ao aluguer e instalación de casetas de madeira para o Mercado do Nadal e a Feira do Libro. O orzamento será de 27.621 euros máis IVE. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de 15 días naturais desde a data de publicación deste anuncio no BOP.
Tamén se publicou o sábado no BOP a convocatoria de procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa para a adxudicación do contrato de subministro relativo ao aluguer, montaxe e desmontaxe do alumeado de Nadal 2016/17 e 2017/18. O orzamento será de 18.886 euros más IVE. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de 15 días naturais desde a data de publicación deste anuncio no BOP.

Toda a información sobre estas dúas convocatorias atópase no perfil do contratante, na sede electrónica do Concello de Ribadeo.