Para o rexedor o punto máis importante abordado no pleno de onte foi “este de revocación dun acordo que o goberno municipal plantexou nunha sesión anterior, era a suba do IPC para o IBI e que curiosamente dous meses despois propoñemos a súa anulación. Isto ven motivado en función do decreto lei que o goberno do Estado sacou hai uns días no cal a Concellos coma o noso, que teñen unha ponencia catastral de hai máis de dez anos, nos obrigan de maneira imperativa a que o subamos o 10%. Entón parecíanos algo imprudente sumarlle ao noso incremento do IPC do 3,8% un 10% máis. Levamos o asunto a pleno e conseguimos a unanimidade de todos os grupos para deixar sen efecto a proposta inicial nosa, que ao mesmo tempo era moito máis comedida e moito máis moderada que a do goberno estatal”.

Suárez Barcia sinalou que “asistimos a un cruce de acusacións entre o representante do PSOE e o grupo municipal do PP sobre a culpabilidade do desvaraxuste económico do goberno estatal. E realmente aínda que lles agradezo a todos o seu voto favorable chámame a atención que hai dous meses o PP airadamente se opoñía a que nós incrementásemos o IBI nun 3,8% e agora simplemente non lles queda outra que defender que o goberno do Estado nos ordene subir o 10%. A nós non nos parece correcto, pero son medidas de obrigado cumprimento e no que está no noso marxe de actuación, que é eliminar a nosa parte, así o facemos porque non nos parece axeitada tanta suba”.

No capítulo de rogos e preguntas abordáronse cuestións coma a Torre dos Moreno e o polígono industrial. Suárez Barcia aproveitou para dar a opinión do equipo de goberno sobre a Torre dos Moreno, “o maior interese do Concello é evitar que a Torre se veña abaixo, dados os informes que obran no noso poder por parte de técnicos competentes na materia que nos advirten da súa situación extrema”. Fernando Suárez indicou que “o Concello e a empresa propietaria do 60% da Torre dos Moreno estamos levando adiante un proxecto para substituir as columnas máis deterioradas. Unha vez que esta obra remate, dentro de máis ou menos dous meses, será o momento de reflexionar a Corporación Municipal. Deberemos pensar si o Concello, como propietario do 20% do monumento, debe meterse nunha rehabilitación global custosísima para as arcas públicas ou si pola contra prefire facer algún tipo de actuación de venta, de permuta ou de cesión dunha parte a cambio de que a parte restante non sexa gravosa para o Concello”.

O rexedor engadiu  que “iso é o que lle plantexamos a todos grupos da Corporación, porque a min paréceme que nunha situación económica adversa os poucos cartos que haxa deben investirse en vías públicas, en servizos sociais e educativos, máis que en poñer centos de miles de euros nunha parte que pode ter unha relativa utilidade. O obxectivo do Concello é evitar que a Torre dos Moreno caiga e unha vez substituidas as columnas tocará pensar qué facemos coa parte que o Concello ten nesta propiedade”.

Suárez Barcia contou que “tamén se nos preguntou cómo está a situación destas empresas que están a piques de concluir as súas naves no polígono industrial a cerca do subministro eléctrico, en tanto a subestación eléctrica de Ribadeo non estea construida. Eu trasladéilles toda a información que teño despois de estar traballando moi discretamente, pero con moita intensidade diante da Xunta, de Sepes e de Begasa para garantir o subministro de enerxía eléctrica de maneira inmediata a todas estas naves que están en construcción”.

O alcalde ribadense asegurou que “hoxe mesmo responsables de Sepes e de Begasa me trasladaron o acordo que se levará adiante nestes días e a ser posible na semana que ven o problema de subministro eléctrico a estas empresas será unha realidade. É evidente que en tanto non exista a subestación eléctrica de Ribadeo o polígono non poderá ter todo o caudal de potencia que necesita, pero tamén é certo que, lamentablemente pola situación de crise económica tan grande, non hai máis que unha ducia de parcelas vendidas e polo tanto a potencia requerida de momento é menor. E o noso compromiso por parte do Concello apelando ao resto de partes implicadas neste polígono industrial é o de garantir que de maneira transitoria estas empresas poidan ter o subministro eléctrico axeitado e iso entendo que se cumplirá sen máis demora durante a vindeira semana”.