O rexedor sinalou que “como vimos facendo nos últimos anos ao tempo que, eu como alcalde, quero convidar a compartir o antroido de Ribadeo non só aos veciños do noso concello senón a todos os visitantes doutros concellos da Mariña e do Occidente asturiano, tamén quero solicitarlle ao empresariado e aos comerciantes que mañá martes, 21 de febreiro, pola tarde sexan flexibles nos seus traballos para facilitar a participación cidadá nestas festas e contribuír ao seu realce”.

Suárez Barcia contou que “vimos de publicar un bando que está posto nos diferentes lugares públicos habituais para que os comerciantes e o empresariado local, aínda non sendo mañá festivo en Ribadeo, é boa cousa que contribuíran a non abrir os seus establecementos pola tarde para darlle o maior realce posible a este antroido que, sen dúbida e a pesares das circunstancias económicas, será un dos mellores de toda a comarca”.