Programación Antroido 2025

Desde o 22 de febreiro, coa Gala do Antroido, ata o 8 de marzo, prepárate para vivir o Antroido máis animado e cheo de tradicións.
Programación Especial:
 Festa do Freixó:
–  1 e 2 de marzo na Sala de Exposicións do Campo, a partir das 11:00.
Xornadas Gastronómicas do Cocido:
– Do 23 de febreiro ó 9 de marzo (organizadas por ACISA).
Antroido de Rúa (Sábado 1 de marzo):
– 21:00: Pasarrúas coa carroza do Antroido.
– 23:30: Na Praza da Fonte Nova, DJ Marcos en The Sound Project.
Domingo Lardeiro (Domingo 2 de marzo):
– 12:00: Saída da comparsa do Cocho, acompañada do cuarteto Illa Pancha, charangas A Choca e Aturuxo e as Mascaritas que animan a rúa, no Campo de San Francisco.
– 17:00: Baile infantil na Sala de Festas Rosa Lar.
Luns Fareleiro (Luns 3 de marzo):
– 22:00: Gran Cocido de Antroido e animación musical na carpa do parque, organizado pola comisión de festas de Ribadeo.
Martes de Antroido (Martes 4 de marzo):
– 17:30: Gran Desfile do Antroido, que sairá da Avenida Rosalía de Castro e rematará diante da Casa do Concello, con grandes premios por categorías.
Queima do Antroido (Sábado 8 de marzo):
– 21:00: Saída da comitiva fúnebre dende o Cantón, finalizando na Avenida Rosalía de Castro
Moitas grazas a todas as asociacións e comisións colaboradoras que fan posible este evento tan especial.