Alí déronse cita veciños do casco vello da vila e representantes dos máis de 50 colectivos veciñais e culturais, entre outros, que hai inscritos no Concello. No acto interviron o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga. Despois todos compartiron un viño e uns pinchos. Os membros das asociacións levaron unha copia das normas provisionais de uso do local municipal habilitado no antigo lavadoiro da rúa dos Fornos. Os interesados en utilizalo deberán presentar a súa solicitude ordinariamente cunha antelación mínima de 7 días á data de celebración da actividade, sen prexuizo de que, de estar vacante a data poderá solicitarse e autorizase, excepcionalmente, con 48 horas de antelación. A solicitude presentarase no rexistro municipal do Concello, de acordo co modelo oficial que se facilitará nas dependencias municipais ou descargándoo da páxina web do Concello www.ribadeo.org

O uso do edificio antigo lavadoiro autorizarase con carácter ordinario, só ás asociacións locais debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións. E tamén poderá con carácter extraordinario e motivado autorizarse a asociacións localis non inscritas e outros colectivos ou persoas.