Desde o equipo de goberno ribadense engaden que “non opinamos sobre unha nota de prensa emitida pola Xunta de Galicia, porque temos que estudar ese anteproxecto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais. Temos que ver si as alegacións presentadas por este Concello na primeira fase foron tidas en conta, para despois pronunciarnos ao respecto”.