Domingo de sol e de calor en Ribadeo no que ducias de persoas se achegaron tamén á contorna da praza de abastos a saborear o pemento de Piñeira nos catro locais hostaleiros que ofreceron tapiñas preparadas con esta exquisitez da horta ribadense. Ademais de aproveitar a mañá para mercar produtos de proximidade e de gran calidade nos postos instalados no Mercado dos Domingos.

A edición deste 2023 rematará o 15 de outubro.