A edil nacionalista explicou que “esta actividade consta de duas partes: a andaina e unha exposición. No parque de San Francisco haberá unha exposición que leva por título Nutrición e desenvolvmeento: dereitos da infancia. Esta exposición recolle uns paneis que depois, unha vez rematado o acto, formarán parte dunha mostra que estará dividida en dous lugares: na Casa do Concello e na estación de autobuses, onde estará ata o 25 de agosto”. Trátase dunha exposición que forma parte dun proxecto de Unicef que vai percorrendo varias vilas de Galicia.

González Piñeiroa relatou que “a andaina comeza a partires das dez da mañá no parque de San Francisco. Haberá unha mesa da organización onde todas aquelas persoas participantes poderán recoller uns dorsais aboando unha aportación de 2 euros, que irán destinados para programas de saúde, educación e protección que Unicef ten en diferentes lugares do mundo, e daráselles un papeliño que introducirán nunha furna e participarán no sorteo de 3 cestas de alimentos que aporta a Fundación Alimerka”. A concelleira de Saúde e Servizos Sociais dixo que “se trata dunha ruta cunha dificultade baixa, porque partiremos do parque de San Francisco e iremos pola ruta dos muiños das Aceas. Chamamos á participación de todas as personas a que acudan a esta andaina familiar e solidaria. É unha ruta nova que moitas persoas coñecen, pero outras igual e a primeira vez que a fan. É unha excusa para reflexionar sobre a importancia dunha boa alimentación e das diferencias neste ámbito entre os países occidentais e os do terceiro mundo”. Na andaina solidaria participarán varios membros do Clube de Atletismo de Ribadeo.

Por outra banda, Teresa González tamén sinalou que “no Concello rematamos estes días a campaña Dalle unha volta ao nadal, que organizamos hai meses para que ningún neno de Ribadeo quedase sen agasallos naquelas datas. Xa anunciaramos que os xoguetes sobrantes se repartirían entre ONGs, pois ben enviamos tres maletas a Kenia con material escolar e didáctico, mochilas, puzles e zoguetes, a bordo do Jasiri, o barco construido en Asteleiros Gondán e que estes días parte rumbo a ese país”. O material enviado polo Concello de Ribadeo será distribuido pola asociación Anidan.