Suárez Barcia dixo: “destacar que baixan de maneira máis ou menos xeral en toda a comarca os contaxiados por coronavirus. Alegrámonos desde Ribadeo especialmente por Burela, posto que vai saír do confinamento estrito no que estaba a partir de esta media noite. E en Ribadeo temos boas novas porque parece que imos dobregando esta situación, posto que hoxe temos un contaxiado menos, baixando de 5 que había onte a 4 que hai hoxe”.

O alcalde subliñou que “ademais desta situación especial para Ribadeo, para toda a comarca aceptaron unha proposta que lle tíñamos feito varios alcaldes e alcaldesas de que deberían ampliar os horarios de peche para o sector hostaleiro. Aceptaron amplialo nunha hora, pasando das doce da noite como límite máximo ata a unha da mañá, aínda que se manteñan por seguridade as xuntanzas grupais limitadas a un máximo de 10 persoas e así será para os vindeiros 7 días”.

Suárez Barcia engadiu “aínda que son cousas positivas e avances, isto non significa relaxarnos nin moito menos. Isto significa seguir na liña na que todo o mundo está actuando nestes últimos tempos, polo que eu vou vendo aquí en Ribadeo. Debe ser así porque ten que ser así. Non hai outra. Si o seguimos facendo así de ben, en poucos días poderemos estar noutra situación moito máis agradable”.