O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, sinala que “Couxela conta cun alumeado público feito polos propios veciños xa hai máis de 30 anos e atópase neste momento nun estado moi deficiente”. 

O edil ribadense explica que “a mellora consiste na substitución de todas as actuais luminarias de tubos fluorescentes por outras led regulables de 40W de luz branca, así como a ampliación no seu número”.

Mundiña Acebo engade que “o importe das melloras ascende a 16.916 euros e os traballos serán realizados polos electricistas do Concello de Ribadeo”.