O rexedor subliñou que “a valoración é moi positiva despois de ver que esta fin de semana unhas 2.000 persoas pasaron xa por esta carpa instalada no parque de San Francisco e puideron disfrutar tanto dos stands de produtos de artesanía, que aquí de vende, coma das diferentes actividades que se están levando adiante. Aí temos a exposición de fotos antigas Ribadeo na memoria, e tamén as actuacións da Escola de Música, de Amigos da Gaita ou os obradoiros como o que se vai celebrar esta tarde sobre cestaría urbana. Os que se acheguen poderán ver cómo facer un cesto con materiais de refugallo”.

Suárez Barcia indicou que “volvemos ver cómo a xente valora este Mercado do Nadal, hai moitos que veñen de fora de Ribadeo dar unha voltiña pola vila, pola carpa e sobre todo despois aproveitan para disfrutar do noso comercio, dos bares, dos restaurantes, que é en definitiva ao que queremos axudar con estes eventos”.

O alcalde convidou a todos os veciños de Mariña luguesa e do Occidentes astur a achegarse estes días a Ribadeo, “quédame seguir convidando á xente que aínda non veu a Ribadeo a que se acheguen nestes longos días de pontes para mercar produtos como queixos, repostería, embutidos, coiro, tea, prata… todo feito por artesáns e todo de primeira calidade”.