A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, contou que “desde a Área de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo estamos nestes días a habilitar un espazo anexo ao Centro de Día para poder usar como almacén de alimentos. Trátase dunha edificación duns cincuenta metros de planta que se atopaba en moi mal estado”.

A edil ribadense subliñou que “unha vez que rematemos estas actuacións de acondicionamento, que inclúen unha nova cuberta, nova carpintería e arranxo de soleira e de paredes, esta espazo vai contar con dous ocos diferenciados, un que será destinado para almacenar alimentos frescos e outro para alimentos non perecedoiros”.

Mónica Freire dixo que “eliximos este lugar para este fin porque se trata dun espazo nun enclave moi discreto para poder salvagardar a intimidade destas familias vulnerables que son beneficiarias do reparto de alimentos desde a Área do Servizos Sociais, e tamén porque é moi cómodo para acceder e descargar estes alimentos”. 

E engadiu que “o orzamento total que imos destinar para esta actuación son 24.000 euros e contamos con telo rematado nos próximos días”.