Segundo explican desde a Concellaría de Cultura “máis ca un concerto, este trío proponnos unha viaxe sonora onde ás veces olvidar as formas, sen deixar de ter os pés na terra”. Alejandro Vargas Trío está formado polo pianista cubano Alejandro Vargas, acompañado ao contrabaixo por José Díaz e á batería por LAR Legido, “jazz latino con sabor da Habana”.

O ciclo Músicas Posibeis conta co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. O prezo da entrada é de 5 euros.