O rexedor dixo que “queremos desde o goberno valorar positivamente esta esperada actuación da Xunta, que por esperada non deixa de ser moi tardía. Se despois de todos estes anos que lles levamos alertando no seu incumprimento na reparación estrutural deste pequeno albergue, aínda agardaron ata agora para facer as obras en pleno Ano Xacobeo e que non tiñan ningunha planificación”.

Para o alcalde ribadense “decidiron facer isto ao non ter máis escusa, despois das numerosas peticións que lles viñemos realizando nos últimos anos. A verdade é que o aceptamos pero, como din os vellos, xa ía sendo hora”.

Suárez Barcia sinalou que “nos convenios dos Concellos coa Xunta para este tipo de albergues queda ben claro o que lle corresponde a cada administración. O mantemento ordinario é cousa do Concello, por exemplo, repoñer un cristal roto, e o estrutural é da Xunta, é dicir, do que estamos a falar. Ou sexa, que a cousa tampouco é para botar foguetes, senón para ás presas arranxar algo que deberan ter arranxado hai varios lustros. Así que non vendan tanto fume, senón simplemente cumpran coas súas obrigas”.