Segundo explican desde a Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo “nesta charla abordárase a agricultura ecolóxica desde unha visión práctica a través da experiencia de Jean Pacheco. Este agricultor que ten a súa produción nas inmediacións de París, onde conta con aproximadamente 14 hectáreas . El nos achegará a súa visión sobre os retos e posibilidades de agricultura ecolóxica, da comercialización a través de circuítos curtos, da produción e do consumo”.

Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local indican que “o seu principal produto vexetal é o espárrago. Pacheco ten certificado ecolóxico dende o 1 de xaneiro de 2012. Vende no mercado de Rungis, tendas de orgánicos, restaurantes de París e tamén é o provedor de preto de 320 membros da AMAP 8 en París”.

A charla está organizada polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación APAGA, e está dirixida a todo o público, produtores , consumidores e cidadanía en xeral.