O edil nacionalista entende que “se trata dun acto vandálico e repudiable, que alguén sexa capaz de facer estas cousas matando a vexetación, matando neste caso a estes árbores”. Cupeiro lembrou que “hai anos no mandato de Pérez Vacas como alcalde e preto da capela se produciu un acto similar….alí cortáronse 5 ou 6 árbores. É posible que a alguén lle estorben os árbores, pero ao Concello non e que o señor Pérez Vacas poña en dúbida a política do Concello e nos acuse da desaparición dos árbores é triste, cando nós tentamos fomentar todo o contrario con actividades no día do árbol, con formación nos colexios para que os nenos aprendan a respectar a flora e a fauna…”.

O concelleiro de Medio Ambiente visitou a zona “para ver o acontecido e desde logo víñenme desolado. Non entendo como poder haber alguén capaz de facer unha cousa así, é algo que si un non se fixa non se da conta do dano causado a eses tres chopos. Desde o Concello investigaremos o sucedido, queremos localizar á persoa que fixo esa desfeita”.