Suárez Barcia dixo que “continúan a moi bo ritmo a día de hoxe, por parte da Deputación de Lugo, estas obras que se están facendo na rúa da Lodeira, que é este vial de titularidade provincial, pero que está insertado no ámbito urbano”.

O alcalde manifestou que “despois de que durante moito tempo leváramos demandando á Deputación de Lugo que este vial estaba absolutamente degradado, que era unha vergoña, dalgunha maneira se apiadou desta situación e dotou de  infraestrutura económica para poder levalo adiante”.

O rexedor confía que “no día de hoxe quede resolta a cuestión do aglomerado, aínda quedan por facer os remates de pintura e de sinalización, pero todo está collendo unha moi boa pinta. Era moi necesario”.

Fernando Suárez espera que “nos próximos tempos a Deputación, cumprindo a súa palabra, se afane e proceda a reparar o vial, tamén da súa titularidade, que pasa por detrás do campo de fútbol”.