Fernando Suárez, considera que “todos estes actos levados adiante nesta longa fin de semana poñen de manifesto que Ribadeo é un sitio cunha importante atracción turística, si cabe ainda máis por todos estes actos en memoria do ex presidente do Goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo”.

 O rexedor destacou “a enorme participación e a cantidade de xente que acudiu a esta feira Con queixo, pan e viño, ven ao camiño, que se celebrou coa colaboración estreita e coa organización das fundacións comarcais e co apoio imprescindible de numerosos departamentos da Xunta de Galicia, como Turismo, Medio Rural, o Xacobeo e tamén a Deputación de Lugo. Logramos facer un evento con moitísimos vendedores de viño, queixo e pan e que atraeu a moita xente. Eu creo que estas actividades son as que axudan a que os diferentes establecementos de servizos que temos na nosa vila, restauración, hostelería, tendas… se beneficien tamén da afluencia de xente a estes eventos que vimos organizando. E como resumo desta fin de semana e en vista dos datos que me apuntan desde a organización unhas 6.000 persoas recibiu a feira e viñeron a degustar e a mercar queixo, pan e viño”. 

Fernando Suárez engade que “digo esto porque xa temos a tiro de pedra unha nova edición do Ribadeo de tapeo que comenzará o 16 de maio e que é un referente que está tendo un éxito enorme e que move a moita xente non só de Ribadeo senón tamén da Mariña luguesa e do Occidente asturiano”.