Suárez Barcia advirte que “si a Demarcación de Estradas non fai caso das nosas peticións eu, a pesares do risco no que me meto, darei instruccións á brigada municipal de obras para que proceda por conta dos nosos medios a arraxar da maneira en que sexa posible todas esas deficiencias. Uns desperfectos que impiden que os veciños poidan sacar a madeira dos seus montes, ou que poidan acceder cos seus tractores ás súas fincas no monte por non estaren arranxados ditos camiños”. O rexedor de Ribadeo di que “esto é unha advertencia seria que eu fago despois da desesperación que me produce o feito de que pase o tempo e aquí o único que pasa é que non se fai nada por parte de quen ten a competencia e a responsabilidade”. Fernando Suárez lembra que xa hai meses “entre todos os grupos acordamos dirixirnos a Fomento para que nos fixesen caso, e non foi así”.

O alcalde di que “hai numerosas conexións de camiños do monte que quedaron cortadas e que se deben repoñer; hai numerosas deficiencias en varias rotondas, sobre todo en Vilaselán con cuestións de pluviais e fecais que quedaron mal amañadas e que a propia Demarcación recoñeceu que había que arranxar; hai determinados camiños que foron ocupados pola empresa concesionaria da adxudicación desas obras FCC Construccións que estropearon deliberadamente sin querer facerse cargo deses arranxos, aínda que parte deles a propia Demarcación nos comunicou que se farían despois de varias notificacións e varios acordos plenarios…”.

Fernando Suárez recoñece que “a día de hoxe non se fixo absolutamente nada, e dígoo eu que son bastante pausado e que entendo que estas cousas institucionais levan o seu tempo, pero quero constatar o tremendo e o profundo desapego que ten a Demarcación de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento para con Ribadeo. Non entendo este trato, que me costa incluso traballo chegar a contactar co Xefe da Demarcación que está na Coruña… difícilmente poido contactar con él e cando o fago sempre é por escrito. Despois de moita presión todo o que nos comunicaron é que se ía facer, que ían dar orde ao contratista e finalmente non se fixeron cargo da nada”.

O alcalde engade que “digo esto coa paciencia colmada e despois de ter que padecer, e estou contento de facelo, as visitas da xente, dos veciños afectados que veñen falar conmigo e eu non lles poido facer nada porque son ámbitos nos que o Concello non ten competencias. Si hai algo que está mal na A-8 non debe ir a brigada municipal de obras porque non é da súa competencia; si un camiño de monte hai que conectalo cun camiño de servizo da autovía non debe ser a brigada municipal a que o faga porque non está no ámbito das súas competencias e aquí son moi celosos para que outras administracións nos metamos no que non é competencia nosa, pero tamén son un pouco desdeixados por non facer o que teñen que facer”. Así explica Fernando Suárez a decisión que adoptará e que ven de anunciar nesta xornada.