Concello de Ribadeo
Hostalaría e comercio
O sector hostaleiro e comercial ribadense xoga un papel fundamental na economía local, en tanto que conta cunha gran proxección e potencialidade para a creación de emprego e riqueza na nosa localidade.
Desde a área de Desenvolvemento local do Concello somos conscientes de que este sector pode ser capaz de crear as sinerxias necesarias para desenvolver o noso territoro desde unha visión integrada e vinculada ao aproveitamento da nosa cultura e patrimonio.
Estes son, ata o agora algúns dos programas e campañas máis importantes que se teñen posto en marcha desde esta área para favorecer o desenvolvemento da nosa hostalaría e do comercio:
Concurso de tapas ‘Ribadeo de tapeo’
A área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza anualmente, desde 2006, este concurso, que hoxe é xa unha cita ineludible para os nosos hostaleiros e hostaleiras e para o público en xeral.
‘Ribadeo de tapeo’ ten lugar na terceira semana de maio e naceu para fomentar a competitividade e a calidade do servizo hostaleiro ribadense, potenciando a colaboración entre a administración pública e este sector e fomentando o grado de profesionalidade deste último.
No ano 2007 editouse por primeira vez un libro dedicado a este evento: De tapas por Ribadeo, 39 receitas propostas pola hostalaría de Ribadeo. Nel, recompílanse todas as receitas das propostas presentadas ao concurso.
‘Ribadeo, con moito gusto’
Baixo este nome, púxose en marcha unha campaña de promoción e integración do galego e de outras linguas na hostalaría de Ribadeo.
Coa colaboración directa dos/as alunos/as do IES Porta da Auga e da Dirección Xeral de Turismo, traducíronse os menús e cartas dos locais de hostalaría e restauración de Ribadeo a 4 idiomas: galego, español, inglés e francés.
A maiores, deseñáronse tamén outros elementos (gardamanteis, marcapáxinas, carteis…) cos que se pretendeu fomentar unha mellora na calidade de imaxe dos establecementos.
Entre os obxectivos destas actuacións cómpre suliñar a modernización do servizo, a creación dunha imaxe de calidade e a achega de autenticidade á oferta gastronómica e de servizos da hostalaría Ribadense.
CCA e a colaboración do Concello
Unha vila sen pequeno comercio sería unha vila sen vida. Un pequeno comercio que ademáis achega riqueza. Polo que as diferentes organizacións de empresarios e as propias Administracións Públicas están a realizar un esforzo continuo en definir un modelo comercial de centro que acade a dinamización e o fomento do seu tecido empresarial.
E por iso que os centros comerciales abertos convertéronse nos ultimos anos nunha alternativa viable para acadar que os centros das nosas vilas e cidades, que grazas a súa concentración comercial, sexan verdadeiros polos de atracción competitivos no eido do comercio
Neste senso o Concello de Ribadeo ten asinado un convenio de colaboración co CCA desde o ano 2005 polo cal comprométense a realizar a fomentar actuacións de cara a renovación comercial e dinamización do comercio de Ribadeo, a través do Centro Comercial Aberto de Ribadeo (CCA).
En concreto algunhas das actuacións que se desenvolveron:
Plan de humanización do centro urbano, mediante a peonización e semipeonización das rúas de San Francisco, Ramón González, Doutor Moreda e Reinante, que embeleza o entorno urbán.
Implantación da sinalización comercial e mellora de mobiliario urbano, de forma que se constitúa nunha organización comercial, cunha imaxe e unha estrategia propia, que goza dunha concepción global de oferta comercial, servizos, cultura e ocio.
Colaboración na elaboración dun diagnóstico empresarial de Ribadeo que se presentou baixo o título “estudo da situación do pequeno comercio en Ribadeo”.