O equipo ao completo do club de baloncesto lucense Ribeira Sacra Breogán, que milita na Liga LEB Ouro, adestrou esta tarde no novo pavillón polideportivo municipal de Ribadeo diante da mirada de ducias de afeccionados e de alumn@s das escolas deportivas do Concello Ribadeo. A expedición breoganista foi recibida polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Deportes, Vicente Castro.

Un dos participantes no adestramento do Ribeira Sacra Breogán esta tarde en Ribadeo foi o segundo adestrador, Quique Fraga, que durante a súa etapa como xogador de baloncesto formou parte do equipo do Ribadeo CB, cando este club militou na Segunda División Nacional.