Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

FOI PRESENTADO A CARÓN DO MARQUÉS DE SARGADELOS

Guateque dos 60

23/08/2023

O Parque de San Francisco acollerá o vindeiro sábado, 26 de agosto, unha nova edición do guateque dos 60. Marta Saiz anima a asistir "para lembrar todos xuntos aqueles marabillosos anos".

ÁS 20:00 HORAS NO PAZO DE IBÁÑEZ

Pleno extraordinario, mañá

21/08/2023

Mañá celebrarase pleno extraordinario no Concello de Ribadeo. Na sesión será aprobada unha modificación orzamentaria así coma os festivos locais para 2024, que serán o Martes de Entroido e o día de San Roque. Ademais serán nomeados os representantes municipais na asociación Terras de Miranda e no Galp A Mariña-Ortegal.

O EVENTO FOI PRESENTADO NO PARQUE DE SAN FRANCISCO

Xara Fest

21/08/2023

Ribadeo será escenario da primeira edición do Xara Fest, o festival de música underground, o 2 de setembro.

CITA INTERNACIONAL NO PAVILLÓN MUNICIPAL

Baloncesto en Ribadeo

18/08/2023

O Río Breogán iniciará na vila ribadense a súa pretempada o vindeiro 30 de agosto. Será co Trofeo Concello de Ribadeo - Festas Patronais 2023, no que se medirá ao FC Porto. As entradas para asistir a este partido están á venda desde hoxe no pub Ribanzo e en Multitienda Teresa. Na presentación do Trofeo, que tivo lugar no Parador de Turismo de Ribadeo, participaron o alcalde, Dani Vega, o director xeral do Breogán, Tito Díaz, o presidente da comisión de festas, Juan Luis López, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

PÍDESE PRESTAR ATENCIÓN A POSIBLES FUGAS NAS VIVENDAS

Medidas urxentes pola seca

17/08/2023

O Concello de Ribadeo adopta medidas urxentes por mor da seca. O alcalde, Dani Vega, ven de asinar un novo Bando no que insta ás empresas e industrias a facer un uso razoable da auga e no que se prohibe encher as piscinas, regar, baldear ou limpar vehículos e fachadas.

ATA A ZONA CHEGARON EFECTIVOS DE TRABABA E DE CERVO

Incendio en Vilaselán

14/08/2023

Esta tarde quedou controlado o incendio declarado a mediodía na parroquia ribadense de Vilaselán.





© 2008 Concello de Ribadeo