Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

PARTE DO EQUIPO DE GOBERNO VISITOU O BUS ESTA MAÑÁ

Competencias dixitais

25/08/2023

Ribadeo recibe a visita do autobús de RTVE que leva por toda España a campaña denominada Tu futuro se escribe con D para mellorar as competencias dixitais. Está situado no Parque de San Francisco desde onte ata mañá pola tarde.

CALAVERA FOI PREGOEIRO DAS FESTAS DE RIBADEO

Bandeiras a media asta

25/08/2023

As bandeiras do Concello ondean a media asta en sinal de loito polo pasamento de José Calavera Ruiz, fillo adoptivo de Ribadeo, que falecía nas últimas horas en Madrid.

O PROGRAMA DESENVÓLVESE DO 1 AO 10 DE SETEMBRO

Festas Patronais 2023

25/08/2023

O ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo 2023. Hoxe foron presentados o cartel e o programa. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e os concelleiros de Deportes e Medio Ambiente, Francisco José Silvent e Diego dos Santos, xunto aos membros da comisión organizadora Juan López e Gonzalo Lebredo.

MARTES DE ENTROIDO E DÍA DE SAN ROQUE, FESTIVOS LOCAIS NO 2024

Volve a Pancha

23/08/2023

O Concello destina 80.000 euros á nova edición da Pancha, a moeda local ribadense. O alcalde, Dani Vega, subliñou o apoio ao comercio con esta importante inxección económica.

FOI PRESENTADO A CARÓN DO MARQUÉS DE SARGADELOS

Guateque dos 60

23/08/2023

O Parque de San Francisco acollerá o vindeiro sábado, 26 de agosto, unha nova edición do guateque dos 60. Marta Saiz anima a asistir "para lembrar todos xuntos aqueles marabillosos anos".

ÁS 20:00 HORAS NO PAZO DE IBÁÑEZ

Pleno extraordinario, mañá

21/08/2023

Mañá celebrarase pleno extraordinario no Concello de Ribadeo. Na sesión será aprobada unha modificación orzamentaria así coma os festivos locais para 2024, que serán o Martes de Entroido e o día de San Roque. Ademais serán nomeados os representantes municipais na asociación Terras de Miranda e no Galp A Mariña-Ortegal.





© 2008 Concello de Ribadeo