Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

ascensor panoramico

O Concello investirá 5.000 euros na substitución dos cables de tracción do ascensor panorámico de Ribadeo.

20/11/2023

O aparato precisa dun intenso amaño, xa que hai moitas partes que están oxidadas e sofren corrosións, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Dani Vega.

O Concello investirá 5.000 euros na substitución dos cables de tracción do ascensor panorámico de Ribadeo. Así o anunciou esta mañá o alcalde. Dani Vega indicou que “no Concello de Ribadeo imos investir 5.000 euros no ascensor panorámico. Sabemos todos que é un elemento que dinamiza a economía local, contribúe de xeito positivo ao noso turismo e tiñamos que buscarlle unha solución”. 

O rexedor dixo que “non foi todo o rápido posible que queriamos, non caeu no abandono, fixémolo desde un punto de vista técnico, que é como hai que facer as cousas. Encargamos un informe detallado que nos explica perfectamente os pasos a seguir. E a primeira inversión é esta de 5.000 euros, que nos di que hai que substituír os cables de tracción danados por uns novos”. 

O alcalde seguiu a relatar que “o informe tamén nos indica que durante estes 14 anos fíxose pouca ou nula inversión e imos ter que facer un saneamento da base da cabina incluíndo a substitución da perfilería de apoio dos cristais, tamén recolle que hai que substituír as dúas portas do piso, xa que está moi oxidadas, que hai que cambiar a porta da cabina porque presenta importantes corrosións e hai que substituír os elementos mecánicos que forman parte de todo este elemento da cabina. Tamén di ese informe que hai que substituír a porta intermedia así como a bandexa decorativa da parte inferior da cabina, que tamén se atopa nun estado lamentable, está en malas condicións”.  D

aniel Vega subliñou que “esta é a primeira inversión que hai que facer, a dos 5.000 euros. Pido disculpas en primeira persoa e tamén no nome do Concello. Durante este tempo o ascensor estivo pechado, agora comezarán a realizarse os arranxos necesarios. Estes 5.000 euros son unha parte desa inversión que había que facer durante todo este tempo, non sabemos porque non se fixo e agora vémonos na obriga de facelo si queremos ter un ascensor operativo e que non dea avarías continuamente”

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo