Ayuntamiento de Ribadeo


Compartir:

Novas

Dia do produto local concerto

O Mercado dos Domingo continúa ata o 15 de outubro

17/09/2023

Desde o Concello teñen preparada unha Axendiña con diferentes actividades para poñer en valor os produtos da zona. 

Coa chegada do verán arrincaba unha nova edición do Mercado dos Domingos. 

Un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos  de proximidade directamente ao consumidor final.

Conta con 14 postos e cunha oferta moi diversificada  de produtos, todos procedentes da zona e onde reinan os produtos da horta pero onde tamén se poden atipar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces ou cervezas artesás.Este mercado alongarase ata o 15 de outubro e dende o Concello hai preparada unha Axendiña con diferentes actividades para dinamizar e por en valor os produtos da zona.

Desde o Concello de Ribadeo "animamos a acudir á cita de cada domingo e a consumir produtos de gran calidade". Este 17 de setembro estuvo dedicado ao produto local. Houbo música e o sorteo dunha cesta de produtos de proximidade entre aquelas persoas que fixeron as súas compras no Mercado dos Domingos

+ Noticias




© 2008 Concello de Ribadeo