Éxito dos Froitos do Mar, actividade organizada polo Concello de Ribadeo, que reuniu a 40 persoas este sábado en Rinlo. Houbo visita guiada, degustación gastronómica e música.
Os asistentes visitaron desde as once e media da mañá as cetarias, da man de Ana Pena Rouco, guía oficial de Galicia e xerente de Guía tu Día e Vitoria Amor Fernández, mariscadora de profesión e alma de Rinlo.
Xa na praza de San Pedro ás 13 horas tivo lugar unha mostra degustación de Froitos do Mar con produtos típicos desta vila mariñeira como lagosta, centola, nécora e percebe, a cargo de Antonio Botana, membro do Grupo Nove e chef do Ramonita Ribadeo.
A xornada concluíu cun concerto de Abril na mesma praza de San Pedro, de Rinlo.
Desde o Concello de Ribadeo fan unha valoración moi positiva da acollida que tivo esta proposta “xa que as 40 prazas ofertadas esgotáronse en tres días”. Trátase dunha actividade ideada para desestacionalizar o turismo e aproveitar os últimos días do verán e o inicio do outono en Ribadeo, xa que para o 23 e 24 de setembro están organizados os Baños de Mar.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo