PRESENTADO NO CAMPO DE SAN FRANCISCO
Corenta e un equipos se darán cita no XVIII Torneo de Fútbol Benxamín e Prebenxamín da SD Ribadeo os días 10 e 11 de xuño.
Son 26 equipos benxamíns e 15 prebenxamíns os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana. Proceden de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo