FOI PRESENTADA NO CAMPO DE SAN FRANCISCO
Cun obradoiro de baile para a mocidade os días 17 e 24 de xuño seguirán as antevésperas do VIII Ribadeo Indiano.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que "xa arrincamos este pasado luns cun obradoiro de coctelería, que foi un éxito de participación. Tratouse dunha actividade coa que desde Acisa e desde o Concello pensamos en ir un paso mais aló, en marcar un paso diferenciador no Ribadeo Indiano, pero mantendo a esencia coa que foi concebido este evento".
O edil ribadense subliñou: "e agora programamos máis actividades para seguir creando ambiente de cara ao oitavo Ribadeo Indiano, que terá lugar do 7 ao 9 de xullo. Magie Dance vai impartir un Flashmob de Bachata os sábados 17 e 24 de xuño de 11 a 13 horas no espazo de skate de Ribadeo".
Vizoso Galdo dixo: "animamos a toda a mocidade e a toda a xente con espírito mozo a que participe nestes obradoiros de baile para despois poder gozar da música e das verbenas da época que terán lugar durante o Ribadeo Indiano 2023".
Na presentación do obradoiro de baile participaron a concelleira de Cultura, Pilar Otero, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.
Carmen Cruzado manifestou: "estamos na conta atrás para a oitava edición do Ribadeo Indiano. De aquí a xullo ribadenses e visitantes teremos a posibilidade de ir ambientándonos con cocteles, con bailes e con outras actividades que están por vir".
As persoas interesadas en obter máis información sobre esta actividade poden dirixirse á Oficina de Turismo do Concello de Ribadeo ou ás instalacións de Acisa.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo