Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto queixos

DENTRO DO CICLO O CONCELLO COS COLES

Elaboración de queixos

06/06/2023

Hoxe foi o alumnado do colexio Sagrado Corazón o que asistiu aos obradoiros de elaboración de queixos, que organiza o Concello e que teñen lugar no Centro Pedro Murias.

Desde o Concello o edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que "continuamos con estes obradoiros de queixo para a xente moza. Para moitos deles estamos seguros de que é a primeira vez que se achegan a procesos deste tipo, vinculados co valor que lle temos que dar ao sector primario. As nenas e os nenos que esta mañá se desprazaron ao CFEA Pedro Murias descubriron con moita atención e participaron no proceso de elaboración do queixo".

A actividade enmárcase no ciclo O Concello cos Coles.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo