A PARTIR DAS 20 HORAS NA PRAZA 8 DE MARZO
O Concello de Ribadeo sumarase esta tarde á concentración de repulsa convocada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para condenar o terrible asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas.
A concelleira de Igualdade, Monica Freire Rancaño, condena rotundamente o asasinato machista de Ana Vanessa Serén Penas e manifesta que "debemos unirnos para poñer fin a este flaxelo social, que é a violencia machista, traballar incansablemente para garantir a seguridade e a igualdade de todas as mulleres".
E engade: "o Concello de Ribadeo convida a toda a cidadanía a unirse á concentración de repulsa desta tarde, que terá lugar na praza 8 de Marzo ás 20:00 horas".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo