EN CASO DE CHOIVA SERÁ NO CINE TEATRO
A Concellaría de Cultura organiza unha actividade ao aire libre para bebés dentro do programa Apego. Será este xoves, día 11.
Baixo o nome de Movementos con Apego terá lugar esta actividade ao aire libre dirixida a bebés entre 3 e 24 meses. Os participantes xuntaranse ás 17:00 horas no Cantón e irán andando ata o Cargadoiro onde se desenvolverá a partir das 17:30 horas. Desde a Concellaría de Cultura advirten de que "en caso de mal tempo sería no Teatro".
O número de prazas é limitado polo que é preciso inscribirse para poder asistir. As anotacións poden facerse en culturaribadeo@ribadeo.org, chamando ao número de teléfono 982 131 565 ou acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, sito na rúa Viejo Pancho 12.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo