Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto curso apicultura

SERÁ GRATUÍTO. A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA

Apicultura

09/05/2017

Os días 27 de maio, 10 e 17 de xuño en horario de tarde de 16 a 20 horas o Concello, en colaboración coa Asociación Os Abelleiros, de Ribadeo, organiza un curso práctico teórico de iniciación á apicultura.

Os días 27 de maio e 10 de xuño, de contido teórico, darase un repaso polas principais cousas que se necesitan para comezar no manexo de colmeas; farase un percorrido polos asentamentos, materiais necesarios, principais enfermidades, normativa apícola, extracción e comercialización do mel. 

E o día 17 de maio abordarase unha xornada práctica que se levará a cabo nun apiario,  onde se amosará como multiplicar colmeas dun xeito sinxelo. 

O curso é gratuíto e está dirixido a todas aquelas persoas que se desexen iniciarse  no mundo da apicultura. 

Para máis información e/ou apuntamentos as persoas interesadas poden chamar ao Concello, á Área de Desenvolvemento Local 982 128 650. O prazo de inscrición estará aberto ata cubrir prazas.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo