ASÍ ONDEAN AS BANDEIRAS NO CONCELLO
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou o seu pesar polo pasamento de José María Rodríguez Díaz e destacou a súa loita pola construción da nova residencia de maiores. O rexedor trasladou o pésame da Corporación Municipal á súa familia.
Fernando Suárez declarou que "enterados do falecemento de José María Rodríguez Díaz, veciño de Ribadeo, activista e representante das asociacións de veciños na loita porque Ribadeo contase cunha nova residencia para a nosa xente maior, quero desde o meu cargo de alcalde, pero tamén como representante do goberno municipal de Ribadeo e igualmente no nome de toda a Corporación Municipal, expresar o noso pesar polo seu pasamento ao tempo que transmitir á súa familia tamén o noso pesar por tal suceso".
O alcalde lembrou que "coñecín a José María xa nestes últimos anos de reivindicación dunha residencia en Ribadeo, coñecino profundamente, e pareceume sempre unha persoa incansable na defensa dos xustos valores, traballadora como ninguén e que non se amilanaba diante de nada e de ninguén".
Suárez Barcia subliñou que "ese espírito reivindicativo foi o que nos contaxiou á maioría dos representantes políticos da cidadanía nesta singladura para que Ribadeo puidese contar cun centro de persoas maiores e que dea cabida a esta demanda existente, e así evitar que moitos dos nosos maiores tivesen que emigrar a centros residencias lonxe de Ribadeo os últimos anos precisamente das súas vidas".
O rexedor ribadense manifestou que "se foi José María, pero a súa loita segue viva, o seu esforzo serviu de algo e aínda que o día é triste polo seu pasamento, entendo que a mellor maneira de honralo é poñer a andar antes que despois esta residencia de maiores pola que el tanto loitou, el e todas as persoas das demais asociacións de veciños do concello xunto coa maior parte da Corporación Municipal. Descanse pois en paz". As bandeiras do Concello ondean a media asta na honra de José Mª Rodríguez.
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo