"SEGUIREMOS A CONXUGAR EDUCACIÓN AMBIENTAL E TURISMO", DIXO
As praias ribadenses de As Catedrais e Os Castros-Illas contarán con bandeira azul neste 2017, ao igual que o sendeiro que discorre entre o faro da Illa Pancha e As Aceas. Paz Ermida valora de xeito positivo este galardón "ao traballo feito e mantido no tempo".
A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, valora de xeito positivo as bandeiras azuis que conseguiron de novo neste 2017 as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas, así coma o sendeiro que discorre entre o faro da Illa Pancha e As Aceas.
A edil nacionalista dixo que "se trata dun motivo de orgullo a obtención destes galardóns, que son un recoñecemento ao traballo feito e mantido ao longo do tempo".
Paz Ermida sinalou que "seguimos e seguiremos traballando para conxugar educación ambiental e turismo. É importante o desenvolvemento sostible da nosa costa, tendo en conta o potencial turístico de Ribadeo. Pero non por iso debemos esquecer e deixar de lado o mantemento do noso entorno natural e as labores de concienciación entre a poboación, a de aquí e tamén a que nos visita".
A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño lembrou: "o traballo realizado ao longo de todo o ano para ter os areais e o sendeiro nas mellores condicións posibles para o seu goce por parte de toda a veciñanza. Isto non é un traballo de dous meses, é unha tarefa que fai durante todo o ano. E é o noso obxectivo seguir nesta liña".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo