SERÁN DO 8 AO 12 DE MAIO
A EMMeD organiza audicións para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova queda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 8 e 12 de maio ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do mércores día 10, de clarinete e saxofón, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
§ Luns 8 de maio – Canto (Escola).
§ Martes 9 de maio – gaita e Percusión Tradicional (Escola).
§ Mércores 10 de maio – Clarinete e Saxofón (Cine-Teatro).
§ Xoves 11 de maio – Guitarra (Escola).
§ Venres 12 de maio – Piano (Escola).
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo