Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto arriado bandeira

EN SINAL DE PROTESTA E DE CHAMADA DE ATENCIÓN

Bandeira da UE

16/03/2016
O Concello arría a bandeira da Unión Europea en repulsa polo trato inhumano que están a recibir @s refuxiad@s

 Desde o Concello de Ribadeo "queremos manifestar a nosa total repulsa ao trato inhumano que están a recibir os refuxiados e refuxiadas que foxen do seu país por mor da guerra. É unha mágoa que, despois de ter amosado tantas e tantas veces as imaxes dos campos de concentración nazis para condenar a barbarie do século XX, desde as institucións europeas se agoche agora a mirada e se queira botar man de terceiros para que fagan o traballo sucio levando a cabo políticas ilegais e inmorais como é a deportación masiva de refuxiados".

"Atropelar con tanto cinismo os dereitos humanos e converter en borralla a Carta Internacional dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas merece unha resposta clara e serea pero tamén ben visible: como sinal de protesta e de chamada de atención para espertar as conciencias dos políticos, tecnócratas e burócratas que toman decisións tan graves, imos arriar a bandeira da UE do noso Concello como xesto simbólico por esta vergoñenta falta de actuación diante deste drama", conclúen desde o Concello ribadense.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo