Concello de Ribadeo


Compartir:

Novas

Foto Catedrais

BARCIA APOSTA POLA COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS

As Catedrais

04/03/2016

O Concello sigue coas xestións para tramitar o Plan de Protección Especial da praia das Catedrais. O alcalde, Fernando Suárez, acompañado da primeira tenente de alcalde, Ana Martínez, do arquitecto municipal e de dous técnicos da empresa redactora, mantivo un encontro esta mañá en Santiago coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato.

O rexedor declarou que "continuando con esta rolda de contactos que vimos mantendo desde hai tempo a empresa redactora, que está elaborando o Plan Especial de Protección da praia das Catedrais, cos diferentes departamentos das administracións autonómicas e estatais (Adif, Deputación, Xunta, Medio Ambiente, Patrimonio, Urbanismo,etc…), mantivemos hoxe unha xuntanza máis coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Nela os técnicos da empresa redactora lle expuxeron cales están sendo as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto, que canto antes poida ser sacaremos a información pública para explicarllo a todo o mundo e para que se poidan presentar alegacións e coa aprobación inicial, tal e como marca a normativa". Suárez Barcia engade que "ao mesmo tempo estivemos valorando esta especie de réxime transitorio no que teremos que estar traballando as dúas partes para que a cidadanía e os visitantes, para que Ribadeo en definitiva e A Mariña se beneficien de toda esta marabilla que temos coas Catedrais e todo este potencial turístico e económico que supón para Ribadeo".

O alcalde ribadense sinalou: "trátase de, que en tanto o Plan Especial que estamos en tramitación non estea aprobado definitivamente, organizar todo este tempo que seguramente xa empece coa Semana Santa e con este verán. A nosa misión, por parte do Concello de Ribadeo, sempre foi a de colaboración e intentar que os flocos e as rozaduras que puidera haber intentar matizalas polo ben de todos e singularmente polo ben da propia conservación deste monumento natural e ao mesmo tempo polo ben da economía local, da hostalería, da restauración, dos hoteis, do turismo en xeral e do movemento económico que iso provoca para Ribadeo".

Suárez Barcia saíu satisfeito do encontro mantido esta mañá en Compostela con Beatriz Mato.

+ Novas




© 2008 Concello de Ribadeo