INFORMADO NO CONSELLO DA XUNTA DESTE XOVES
O equipo de goberno do Concello de Ribadeo analizará polo miúdo o inicio do proceso de información pública do anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais do que se deu conta no Consello da Xunta de hoxe, "debido ao seu alcance e á súa complexidade. Imos mirar con detalle o documento, imos analizalo e despois faremos as valoracións correspondentes".
Desde o equipo de goberno ribadense engaden que "non opinamos sobre unha nota de prensa emitida pola Xunta de Galicia, porque temos que estudar ese anteproxecto do plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais. Temos que ver si as alegacións presentadas por este Concello na primeira fase foron tidas en conta, para despois pronunciarnos ao respecto".
Coñece a oferta cultural e os equipamentos de Ribadeo
Consulta o PXOM e outros documentos de interese urbanístico
Promovemos a economía local e o emprego
Infórmate sobre os servizos sociais que presta o Concello
Axúdanos a conseguir un Ribadeo sen discriminacións
Loitamos pola conservación do noso medio natural
© 2008 Concello de Ribadeo