Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Händel ata Gershwin. Agrupacións de vento, tecla, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 17 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos aproximadamente.